A chamada Transición foi o proceso legal iniciado para transformar España nunha democracia, desde a morte de Franco, o 20 de novembro de 1975, ata a aprobación da Constitución en 1978, logrando consolidarse, non sen problemas, durante os gobernos da UCD e do PSOE.CONTEXTO NO QUE SE LEVOU A CABO A TRANSICIÓN: Amellora da situación económica do país durante os anos 60, trouxera tamén ganas de dereitos e liberdades, pero en 1973 comezou unha crise económica mundial, debido ao aumento dos prezos do petróleo, o que provocou tamén en España unha suba xeral dos prezos e un rápido aumento do paro. No político, debido ao agravamento da súa saúde, Franco aceptou compartir o seu poder, nomeando presidente do Gobernó ao almirante Carrero Blanco (militar, franquista inmobilista e amigo persoal) e nomeando ministro de Gobernación a Arias Navarro (tamén inmobilista); pero nese mesmo ano ETA asasinou a Carrero Blanco por medio dun atentado (Operación Ogro), asestando así un duro golpe ao réxime, que vía nel ao continuador do franquismo.
Arias Navarro substituiuno no cargo, anunciando algunha tímida reforma que non contentou a ninguén. Mentres, a oposición, comezou a organizarse no exterior para unirse: -os comunistas do PCE, liderados por Santiago Carrillo, fundaron en Francia en 1974 a plataforma Xunta Democrática, para xuntar nela ás ideoloxías de esquerdas opostas ao franquismo. -e os socialistas do PSOE, liderados por Felipe González, fundaron en 1975 algo similar, chamado Plataforma Democrática.
Finalmente, ambos partidos acordaron unir esforzos, xurdindo así a chamada Plataxunta*, desde a cal convocaron manifestacións e pediron liberar presos políticos, legalizar partidos e convocar eleccións. A nivel internacional, nun contexto no que as potencias europeas foran concedendo a independencia ás colonias, España prometerá á colonia española do Sáhará un referendo para votar a súa independencia; pero en 1975, o reí
Hassan II de Marrocos ordenou levar a cabo a Marcha Verde, unha invasión de 300.000 marroquíes, civís e militares, para ocupar e anexionarse este territorio español; con Franco xa hospitalizado, Juan Carlos, como Xefe do Estado en funcións, decidiu negociar directamente con Marrocos e con Mauritania, asinando o Acordó Tripartito de Madrid, polo que ambos se repartiron a colonia, tras retirarse España da mesma en 1976 (contra o criterio da ONU). Finalmente, Franco morreu en novembro de 1975, comezando en España un período de gran incertidume, cunha enorme tensión en torno ao chamado “Dilema”, pois o propio franquismo e os españoís dividíanse entre: • Inmobilistas (tamén chamados O Búnker), que eran os franquistas máis conservadores, partidarios de continuar co réxime sen facer ningún cambio (“después de Franco, el franquismo”). • Reformistas, que eran os partidarios de reformar gradualmente o réxime nunha democracia (postura que escollería o reí Juan Carlos I, apoiándose en franquistas aínda novos como Adolfo Suárez). •Rupturistas, que eran os españoís partidarios de comezar unha democracia desde cero, xulgando nos tribunais aos membros do réxime franquista (defendida sobre todo por comunistas e socialistas). Pesar de que Franco deixara marcado o modo de continuar co franquismo tras a súa morte, mediante a Leí de Sucesión, pola que pasaba o testigo e cargo de Xefe do Estado ao reí Juan Carlos I, finalmente a opción elixida foi o reformismo ou aperturismo, que tivo éxito grazas a: -o apoio das oligarquías españolas, que creían que a única maneira de superar a crise económica de 1973 era lograr entrar na CEE (actual Uníón Europea), algo que sabían imposible mentres fósemos unha ditadura. -a postura do reí Juan Carlos quen, pese a ter xurado fidelidade ao réxime franquista, xa no seu 1o discurso como reí falou de tolerancia, liberdade…. Deixando entrever así a posibilidade de cambios. -asorprendente elección (por parte do reí) de Adolfo Suárez como novo presidente do gobernó, un falanxista novo, que foi capaz de negociar con todas as ideoloxías, logrando levar adiante a transición. -e a elección do Xeneral Gutiérrez Mellado como ministro de Defensa, un militar veterano para calmar aos militares. MEDIDAS POSTAS EN MARCHA POLOS 1o GOBERNOS: Morto Franco, o reí xurou o cargo de Xefe de Estado tendo como 1o Gobernó ao franquista inmobilista Arias Navarro, quen se esmerou en defender a permanencia do réxime, reprimindo con dureza calquera protesta. (por ex. Nos Sucesos de Vitoria, na que a policía asasinou a 5 obreiros e feriu de bala a máis de cen persoas), ata que, presionado polo reí (ansioso de iniciar reformas), acabou presentando a súa dimisión en 1976. No seu lugar o reí nomeou novo presidente do Gobernó a Adolfo Suárez (xullo do 76), un falanxista novo, que desempeñara importantes cargos no réxime, e que parecía ía ser máis do mesmo. Pero Suárez demostrou pronto ser un reformista audaz (resolto, decidido), logrando poñer en marcha, nun ambiente moi tenso, as reformas necesarias para levar a cabo a transición, que poderíamos resumir en 6 pasos: 1) Comezou anunciando que convocaría eleccións xerais libres, e como proba, decretou unha amnistía para todos os presos políticos (sen delitos de sangue).2) Para eliminar legalmente as institucións da ditadura, elaborouse a Leí para a Reforma Política*, que marcaba os pasos legáis para transformarse en democracia, baixo o control de Coroa e Gobernó. Esta leí tivo que presentarse ante as Cortes franquistas, que votaron por maioría a súa aprobación, que supoñía… A súa autodisolución! (por iso esta leí coñécese como o harakiri das Cortes franquistas). Tras isto someteuse a referendo do pobo (dec.76), con tanto inmobilistas como rupturistas pedindo o NON; pero gañou o SI claramente, demostrando o apoio dos españoís á vía reformista iniciada por Suárez. Estés éxitos da vía reformista provocaron unha vaga de terror, a Semana Negra de Madrid (xan’77), con varios asesinatos, tanto da ultradereita (a Matanza de Atocha, nun despacho de avogados do PCE) como da ultraesquerda (do grupo GRAPO, contra policías e gardas civís), todos co obxectivo de boicotear e facer fracasar as reformas, provocando aos militares para sublevarse. Suárez logrou aguantar este momento tenso e calmar ao exército decretando un estado de excepciónsuspensión de liberdades, para garantir a orde no país).3) A continuación, aprobada a Leí de Reforma Política, legalizáronse todos os partidos políticos, ncluso o PCE (Partido Comunista), que fora o “ogro” do franquismo. Suárez anunciouno por sorpresa nun sábado de Semana Santa do 77 (Sábado Rojo), e os comunistas tiveron a cautela de celebralo con moita moderación, evitando provocar ao exército, xa que esta era precisamente a liña vermella que os militares marcaran a Suárez, pero ao contar co respaldo do reí, o exército acabou asumindo esta legalización. A cambio, o PCE de Santiago Carrillo, aceptou a monarquía, a bandeira bicolor e a economía capitalista. Ademáis, disolveuse o Movemento Nacional (Falanxe) e recoñecéronse todos os sindicatos (Abril’77). 4) Agora si, convocáronse eleccións xerais a Cortes Constituíntes para xuño 77. Eran as primeiras eleccións democráticas en España desde as de febreiro de 1936 e delas sairon as Cortes que debateron e aprobaron pouco despois a Constitución do 78. Nestas eleccións os españoís votaron sobre todo moderado-centro, con estés resultados: -gañou a UCD (Uníón de Centro Democrático, liderada por Adolfo Suárez), quedando a pouco da maioría absoluta; -seguida polo PSOE (Partido Socialista Obreiro Español, de Felipe González), converténdose en líder da oposición; -o 3o posto foi para o PCE de Santiago Carrillo, “ogro” do franquismo, pero apenas conseguiu 20 escanos; -o 4o posto foi para AP (Alianza Popular), do ex-ministro franquista Manuel Fraga, xa que a dereita preferiu a Suárez; -e lograban representación tamén, partidos nacionalistas cataláns ou o PNV vasco, quedando fóra a extrema dereita. 5) Suárez logrou entón que os partidos, sindicatos e empresarios asinaran os Pactos da Moncloa* (out’77), nos que todos (salvo UGT e CNT) se comprometían a traballar para dar ao país estabilidade política e, a nivel económico, para lograr conter a inflación ou alza dos prezos nun contexto aínda de crise mundial. 6) Finalmente, as novas Cortes elaboraron unha Constitución para deseñar un novo modelo de Estado; sete deputados (de partidos varios) encargáronse de redactar o borrador, e ir negociándoo por consenso ata lograr un texto o suficientemente ambiguo como para aceptalo todos os partidos, sendo 1o aprobado por maioría nas Cortes e logo, o 6 de decembro de 1978, polos españoís en referendo. Entre os PRINCIPIOS Fundamentáis DA CONSTITUCIÓN cómpre destacar que España definíase como: •un Estado Social e Democrático de Dereito: -Social porque debe defender dereitos sociais básicos (educación, traballo, sanidade, vivenda…); -Democrático porque o pobo debe participar na vida do Estado; -e de Dereito porque todos quedan obrigados por igual a cumprir coa Constitución e as leis; •con forma de monarquía parlamentaria (o reí reina, pero non goberná); •con clara separación de poderes: ◦ executivo para o Gobernó, co Reí como Xefe do Estado (reina pero non goberná); ◦ lexislativo para as Cortes, bicamerais (Congreso e Senado); ◦ e xudicial, para os Tribunais de Xustiza; • con sufraxio universal total; • cun modelo de Estado unitario pero descentralizado organizado en municipios, provincias e Comunidades Autónomas, recoñecendo o dereito á autonomía ás nacionalidades históricas (Cataluña, Galicia, Euskadi), pero tamén para as demais rexións que o soliciten (nace así o Estado das Autonomías). • cun modelo de economía mixta (liberdade de mercado, pero con intervencionismo do Estado). • e no relixioso, aconfesional (sen relixión oficial) e con liberdade de culto para as persoas… Aínda que recoñecendo a católica como a maioritaria dos españoís. • E finalmente, con amplos dereitos e liberdades para todos (prensa, asociación, folga, divorcio…) DIFICULTADES POLAS QUE PASOU UCD E GOLPE DO 23-F: Coa Constitución xa aprobada, Suárez convocou novas eleccións para Marzo de 1979, repetíndose prácticamente os resultados anteriores: de novo gañou UCD, sen maioría absoluta, seguido polo PSOE. O partido de Suárez era en realidade unha coalición de partidos, de ideoloxías moi variadas, e iso fixo que foran xurdindo discrepancias e enfrontamentos internos, por exemplo en torno ás autonomías. Ademáis, durante o seu gobernó, xurdiron unha chea de frontes que acabaron desgastando a Suárez: 1. Os atentados de ETA que non aceptou como solución nin a democracia nin o dereito á autonomía, asasinando máis xente no ano 1978 que en toda a ditadura franquista! Buscaba así provocar aos militares para que deran un Golpe de Estado (o que a faría máis necesaria).2. As dificultades postas polos antidemocráticos para lograr reformar e democratizar o Estado (policía, exército, sistema educativo, televisión pública… Ao estar controlados aínda por eles). 3. As críticas dos inmobilistas, sobre todo militares, que acusaban a Suárez de dividir España e de ser incapaz de acabar co terrorismo de ETA, e se resistían a pasar a unha democracia. 4. A campaña de desprestixio lanzada polo PSOE, que en 1980 fixo unha moción de censura para lograr investir presidente a Felipe González… A moción fracasou, pero desgastou a Suárez. 5. O malestar dos empresarios polos efectos da crise (en 1979 houbo unha 2a crise do petróleo). 6. E o malestar da Igrexa católica pola perda de influencia na educación, pola leí do divorcio e polos cambios cara unha España cada vez máis laica. Con este ambiente, en xaneiro de 1981 presentou a súa dimisión como presidente do Gobernó e do partido, nunha mensaxe emitida por TVE na que sorprendeu ao dicir que a democracia corría perigo. Este aparente baleiro de poder (a UCD debía escoller substituto, o reí aceptalo e as Cortes votalo), foi aproveitado polos militares inmobilistas para levar adiante o Golpe de Estado do 23 de febreiro, precisamente cando as Cortes votaban a investidura de Leopoldo Calvo Sotelo (UCD) como novo presidente. O obxectivo era asaltar o Congreso, secuestrando ao Gobernó e os Deputados, algo que fixo o teniente coronel Tejero ao entrar con 200 gardas civís armados; ao mesmo tempo sublevouse tamén en Valencia o xeneral Milans del Bosch, sacando 2.000 soldados e 50 tanques ás rúas, que puxo apuntando a edificios institucionais. A intención era instaurar un novo Gobernó presidido polo xeneral Alfonso Armada, e mantendo ao reí como Xefe do Estado, xa que segundo eles ese estaba informado e de acordó. Pero o resultado foi un fracaso ao non sumarse ao golpe ningunha rexión militar máis, xa que á unha da madrugada o reí Juan Carlos I compareceu nunha mensaxe emitida por TVE, vestido como Xefe do Exército, opoñéndose ao golpe, e pedindo ás forzás armadas lealdade á Constitución. A partir dese momento, o golpe considerouse finalizado, e os seus protagonistas entregáronse, a partir do cal: -O reí saiu moi reforzado ante a opinión pública, pola súa actuación fronte aos golpistas. -Os militares sufriron un forte desprestixio polas súas actitudes antidemocráticas. -Os españoís saíron masivamente á rúa para respaldar a democracia e a Constitución. -E a CEE apoiou acelerando as negociacións para admitir a España (que entraría na hoxe UE en 1986). Precisamente neste contexto, apenas un mes despois do 23-F, foi no que se aprobou o Estatuto para Galicia. GOBERNOS SOCIALISTAS: As eleccións xerais de outubro de 1982 supuxeron un cambio enorme (“eleccións do cambio”), ao gañar o PSOE de Felipe González por maioría absoluta (202 deputados), tras afastarse do marxismo, adoptar posturas socialdemócratas e aproveitarse da crise da UCD. Moi lonxe, con 106, quedou Coalición Popular (de Manuel Fraga), e UCD e o PCE viviron unha debacle total. O éxito do PSOE de Felipe González, que logrou ser elixido presidente 4 veces seguidas (1982 a 1996!), foi clave para dar estabilidade e lograr a consolidación da democracia en España, pero tamén para establecer o estado de benestar con medidas como: A mellora das prestacións sociais: -con asistencia sanitaria para todos os cidadáns. -con pensións non contributivas (para persoas que non cotizaran nada por falta de recursos). -ou coa actualización automática das pensións segundo o IPC (as variacións nos prezos ao cabo do ano).A reforma total da educación, para facela gratuíta e obrigatoria ata os 16 anos, e adaptala a Europa. As reformas legáis, para adaptar as leis ao recollido na Constitución: -estableceuse o habeas corpus (dereito a comparecer ante un xuíz tras un arresto, por se fose ilegal). -o dereito ao aborto (en 3 supostos: violación, malformación do feto ou risco alto para a nai). -e elaborouse un novo Código Penal, con novos tipos de delitos (acoso sexual, publicidade enganosa, delitos contra o medio ambiente,…) e as penas pasaron a entenderse como oportunidade para reeducar/rehabilitar. A reforma fiscal, cun novo modelo baseado no imposto directo sobre a renda (IRPF) e o imposto sobre o consumo (IVE), e aumentando as inspeccións para evitar o fraude, o que aumentou os ingresos. Pero sobre todo, o éxito de Felipe González deuse na política internacional,logrando aumentar o prestixio mundial de España e a súa integración nas institucións mundiais, con: -a entrada de España na CEE (actual Uníón Europea), que se logrou por fin en 1986, o que deu acceso a novos mercados para moitas empresas e axudas económicas para o Gobernó. -a continuidade na OTAN (unha alianza militar de EEUU, Canadá e Europa para a defensa mutua), algo no que o propio Felipe González pasou de criticala a defendela ao gañar as eleccións, logrando que o 52% dos españoís votaran a favor da continuidade nun referéndum en 1986. -a organización simultánea de dous eventos mundiais en 1992: os xogos olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla, que amosaron ao mundo unha España moderna e capaz. -E a integración do exército español, xa máis renovado, en misións de paz da ONU e do Euroexército. Tras catro lexislaturas, salpicado pola crise económica, os atentados de ETA e varios casos de corrupción, nas eleccións de 1996 caeu derrotado ante o Partido Popular de José María Aznar.